lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

A xuíza imputa a unha profesora do máster de Cifuentes e á funcionaria que cambiou as notas

Cristina Cifuentes. EFE
Cristina Cifuentes. EFE

Están citadas o próximo 10 de maio

O xulgado de instrución número 51 de Madrid citou como investigadas a Cecilia Rosado, profesora do máster que cursou Cristina Cifuentes e secretaria do tribunal encargado de examinala, e a Amalia Calonge, a funcionaria da Universidade Rei Juan Carlos que alterou as súas notas.

A xuíza que investiga as denuncias pola presunta fraude en documento público no máster da expresidenta da Comunidade de Madrid decidiu ampliar a causa para pescudar que ocorreu coa acta relativa á defensa do traballo de fin de máster, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Por iso, citou o próximo 10 de maio como investigadas (imputadas) a Amalia Calonge, quen presuntamente modificou as cualificacións de Cifuentes a, e a Cecilia Rosado, secretaria do tribunal e única profesora que asinou a acta de defensa do traballo do fin de máster. 

A xuíza imputa a unha profesora do máster de Cifuentes e á...
Comentarios