El tiempo
martes. 09.08.2022
El tiempo

A Xustiza alemá tamén dubida se pode extraditar a Puigdemont por malversación

Carles Puigdemont. TWITTER
Carles Puigdemont. TWITTER

A Audiencia de Schleswig-Holstein solicita que concrete a acusación sobre o uso indebido de fondos públicos para a causa independentista

A Audiencia Territorial de Schleswig-Holstein pediu á xustiza española que envíe información adicional sobre a acusación de malversación de fondos públicos contra o expresidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont, ao considerar que na euroorde falta concreción.

"Non contén unha descrición suficiente das circunstancias nas que se produciu o delito coa necesaria concreción da acusación que permita asocialo de xeito suficiente aos feitos que se lle imputan", subliña a Audiencia no auto emitido o pasado venres e difundido este luns.

A Xustiza alemá tamén dubida se pode extraditar a Puigdemont por...
Comentarios