jueves. 29.07.2021 |
El tiempo
jueves. 29.07.2021
El tiempo

Un novo festival, o Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22, súmase á programación do Monte do Gozo

Mounqup. CEDIDA
Mounqup. CEDIDA

O Monte do Gozo será este verán un dos lugares de referencia cultural e de lecer ao sumar o festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22, unha cita inédita que nace con vontade de continuar en próximos anos, e que conta cunha programación que arrinca este mércores 14 de xullo até o próximo 12 de setembro.

A organización do evento explicou que incluirá programación para todas as idades e gustos, cunha media de tres ou catro actividades por semana, en horarios de tarde e noite.

O programa divídese en tres temáticas: sesións DJ, música en directo e actividades infantís.

"Este festival chega non só para ampliar a oferta de lecer da que xa gozamos en Galicia, senón que será tamén un fervedoiro de talento galego", explican os organizadores. Concertos de bandas consagradas -como Os Amigos dos Músicos e Alberto Montero- e de artistas --como Mounqup e Moura-- combinaranse coas novas promesas que buscan facerse un oco na industria musical galega. Así, Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 actuará tamén como lanzadeira tanto para grupos como para escolas ou asociacións culturais.

Os atardeceres tamén contarán coa presenza de reputados picadiscos: Rapariga DJ será a encargada de estrear o calendario de propostas culturais e de lecer en Monte do Gozo este mércores 14 de xullo ás 17.00 horas e até as 20.00 horas.

Continuará esta primeira semana con outras sesións DJ a cargo da Gramola (xoves 15 e sábado 17, no mesmo horario) e DJ Schulz (venres 16 de xullo, de 16.00 a 19.00 horas), que coinciden coa celebración das primeiras actuacións de Son do Camiño-Perseidas.

Un novo festival, o Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22, súmase á programación...
Comentarios