A Xunta subvenciona 220 propostas con case 3,3 millóns na segunda edición de 'O Teu Xacobeo'

Luz verde a unha liña extraordinaria de axudas a salas de concertos cunha dotación de 800.000 euros
Un acto. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Un acto. XUNTA DE GALICIA

A segunda edición do programa O teu Xacobeo permitirá desenvolver un total de 220 propostas orientadas a dinamizar a programación sociocultural do Xacobeo 2021 destinando un investimento de case 3,3 millóns, segundo informou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Tras a resolución da concesión, os beneficiarios empezaron a desenvolver os seus proxectos, para o que contan cun prazo ata o próximo mes de setembro, tras a concesión dun adiamento por mor da covid-19 co obxectivo de que poidan dispor de máis tempo para levar adiante os proxectos propostos.

A esta segunda edición presentáronse case un milleiro de proxectos, que permitirán mobilizar un orzamento de 5,8 millóns.

Feijóo remarcou que o resultado foi unha programación sociocultural que está a contribuír na "promoción" de Galicia e do Xacobeo a través "dun impulso descentralizador e plural" que permite o desenvolvemento por todo o territorio.

SALAS DE CONCERTOS. Nun contexto marcado pola pandemia, o presidente subliñou que os grandes actos terán que esperar, pero si se impulsarán actuacións culturais de tamaño máis reducido.

O Goberno galego ha aprobado, así mesmo, as bases da convocatoria dunha liña extraordinaria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas de concertos no marco do Xacobeo.

Cunha dotación de 800.000 euros, esta nova medida súmase ás xa postas en marcha no marco do plan de reactivación do sector cultural.

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios