EE UU alerta do risco de atentado nas Ramblas durante o Nadal

A conta de Twitter da Oficina Consular recomenda aos cidadáns estadounidenses extremar as precaucións en zonas nas que haxa tráfico de vehículos

Un mosso vigila las Ramblas. AEP
Un mosso vigila las Ramblas. AEP

O Departamento de Estado de Estados Unidos pediu este domingo aos seus cidadáns que extremen a precaución no paseo das Ramblas, en Barcelona, polo risco de que se cometa un ataque terrorista "con pouco ou ningún aviso" durante as datas do Nadal.

A diplomacia estadounidense publicou ese aviso na conta de Twitter da Oficina Consular, que coordina a axuda aos estadounidenses que viven no exterior: "Extremen a precaución en áreas con movemento de vehículos, incluídos autobuses, na zona das Ramblas de Barcelona durante Nadal e Ano Novo. Os terroristas poden atacar con pouco ou ningún aviso". 

Ademais, o consulado de Estados Unidos en Barcelona repetiu esa mensaxe na súa páxina web e pediu aos estadounidenses que eviten a zona das Ramblas, desde a praza de Cataluña ata a praza do Portal do Pau, así como que exerzan unha "vixilancia adicional" durante as festividades de Nadal. 

Comentarios