sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

O BNG solicitará a compra da obra de Castelao, 'A derradeira leición do mestre'

Corte da obra de Castelao 'A derradeira leición do mestre'. INTERNET
Corte da obra de Castelao 'A derradeira leición do mestre'. INTERNET

O partido tamén propoñerá adquirir a casa natal do intelectual, en Rianxo 

O BNG defenderá este xoves unha batería de medidas que outorguen maior poder de decisión de Galicia, ademais dunha iniciativa en procura da dignificación e a divulgación integral da obra de Castelao, que implique a adquisición do cadro A derradeira lección do mestre.

O cadro atópase en Galicia no marco da exposición Castelao maxistral na Cidade da Cultura, e desde o Bloque demandan que se emprendan as xestións oportunas para a adquisición da obra así como da casa natal de Castelao, en Rianxo.

As corenta propostas de resolución foron este mércores presentadas pola líder do Bloque, Ana Pontón, e a viceportavoz do grupo, Olalla Rodil que incidiron en que o obxectivo último é dotar a Galicia de máis oportunidades, a partir de medidas que melloren o seu autogoberno e dótena de maiores competencias.

Segundo Ana Pontón a xornada inicial do debate serviu para poñer sobre a mesa un diagnóstico realista da Comunidade, evidenciando que o BNG conta con ideas para construír unha Galicia con máis emprego e que priorice a loita contra a violencia de xénero e que se mire con máis esperanza o futuro.

Este xoves, o BNG presentará unha batería de medidas que lle dean a Galicia un maior poder de decisión

As peticións do Bloque estarán por tanto orientadas a cambiar o rumbo deste país polo que pediu ao Partido maioritario, que non acuda á votación unicamente a aprobar as propostas do PP.

As corenta propostas nacionalistas parten da premisa de que Galicia é un país rico e con capacidade e potencialidade para contar cun futuro prospero, pero que, polo momento non son aproveitadas polo Goberno.

Fronte a iso, o BNG defenderá de novo que Galicia se dote ferramentas políticas suficientes para contar cunha nova fiscalidade máis progresiva e máis xusta cun imposto que grave as vivendas baleiras.

Demandará tamén a autodeterminación de Galicia, a elaboración dunha axenda galega ante o Estado ou o establecemento dunha tarifa eléctrica propia.

Outra demanda neste sentido está orientada a reclamar o rescate da AP-9.

Demandarán a elaboración dunha axenda galega ante o Estado ou o establecemento dunha tarifa eléctrica propia

Noutra orde de cousas, os nacionalistas reclamarán unha mellora nos servizos públicos, sobre todo en sanidade, centrándose nunha mellora nos PACs e na área sanitaria de Vigo, reclamando unha auditoría en Povisa en tanto que desde o BNG non se fían dos números achegados pola compañía.

Doutra banda, reclamarase un maior impulso á innovación en Galicia, destinando o 2,5% do PIB, porque non se pode pensar que o Apóstolo Santiago durante o Xacobeo vainos a solucionar os problemas do noso país. Reclamarán de igual forma unha modernización do ferrocarril e a creación do servizo galego de proximidade.

Finalmente, os nacionalistas insistirán en que o Parlamento galego cargue contra a involución democrática para que se acabe coa persecución dos dereitos e liberdades no Estado Español.

O BNG solicitará a compra da obra de Castelao, 'A derradeira...
Comentarios