"‘Breaking Bad’ é acción, intriga, humor e, sobre todo, poesía"

O presentador Roberto Vilar cóntanos os seus gustos literarios, musicais ou audiovisuais
Roberto Vilar. AEP
Roberto Vilar. AEP

Unha película
Parásitos, moi recomendable nestes tempos de confinamento. Fala do talento do ser humano para o bo pero sobre todo para o malo! Un retrato do noso ser máis íntimo feito dende Corea, con moito humor tamén.

Unha serie
Breaking Bad. O único malo de esta serie e que unha vez que a rematas quedas con unha perda dentro de ti que sabes que ningunha outra serie vai substituír... Amar e odiar ao mesmo personaxe. Intriga, acción, humor, pero sobre todo poesía en cada plano.

Un libro
El abuelo que saltó por la ventana y se largó. Dende Suecia con un humor moi galego, e o libro máis divertido que lin nunca, e un dos máis intelixentes! Riste tanto que suspendes o pensamento. A película non a recomendo.

Un disco
18 de Moby. Relaxa e eleva o espíritu. Sen dúbida un dos mestres da música electrónica!.

Outra alternativa
Escoitar a natureza.

Comentarios