
A artista galega canta o poema Castellanos de Castilla sobre a base do tema Malamente
Galicia acolleu esta fin de semana multitude de actividades para conmemorar o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Entre esas homenaxes figura a última creación da cantautora MJ Pérez, que fusiona en Malaxente á ilustre poeta galega coa cantante Rosalía.
Así, coa base do tema Malamente —un dos mais coñecidos da artista catalá— canta o tamén recoñecidísimo poema Castellanos de Castilla, introducindo o "mala xente" como retrouso.
A cantautora da Arzúa compartiu a súa creación en Facebook, onde acumula máis de 34 reproducións en menos de 24 horas. Nesta rede social, aclara que o poema "cadraba demasiado ben" coa canción como para non facer esta "falcatruada" e remata afirmando que Rosalía (de Castro) "está máis viva ca nunca".