Amaia Romero ofrecerá este ano un concerto na Coruña. A cantante, coñecida polo seu paso Operación triunfo, confirmou que a cidade galega será unha das paradas da súa xira, na que presentará os temas do seu álbum debut.
A pamplonesa interpretará temas como El relámpago ou Un nuevo lugar —as súas primeiras composicións— o próximo 19 de outubro, ás 21.00 horas no Palacio da Ópera.
As entradas están xa á venda por un prezo de 35 euros.