'A estación violenta' preestrearase en Santiago, Vigo e Pontevedra

A obra basada na homónima novela de Manuel Jabois é a ópera prima da directora Anxos Fazáns

A película A estación violenta, que versa sobre a noite e o underground galego, celebrará un pase de preestrea en tres cidades galegas: o 31 de maio en Santiago (Numax), o 1 de xuño en Vigo (Multicines Norte) e o 2 de xuño en Pontevedra (Vialia), poñendo en valor a música alternativa galega.

Os pases irán acompañados dun coloquio coa directora, a nova cineasta galega Anxos Fazáns, e os protagonistas do filme. Ao acabar a proxección na sala de cinema, en Santiago e en Vigo haberá un evento musical nunha sala de música próxima: na capital galega na Sala Capitol e na cidade olívica na Sala Radar.

O concerto estará protagonizado por diferentes bandas da provincia de Pontevedra: Pantis, Rabuda, Contenedor de Mierda e IGMIG. Así mesmo a directora do filme e os protagonistas asistirán ao concerto para promocionar o filme entre os asistentes.

O guión de A Estación Violenta foi co-escrito pola directora co cineasta Ángel Santos (director de 'As altas presións'), Xacobe Casas e o produtor Daniel Froiz.

A película conta cun elenco composto por Alberto Rolán, Nerea Barros (gañadora do Premio Goya á Mellor Actriz Revelación por La isla mínima), Xose Barato, Laura LaMontagne, Xiana Arias e Antonio Durán 'Morris'.

Após participar na Sección Resistencias da XIV edición do Festival de Cinema Europeo de Sevilla e na 31 edición de Cineuropa, Fazáns participou coa súa ópera prima no Festival Bafici de Buenos Aires no seu XX edición, dentro da Sección Óperas primas.

Comentarios