Falece o actor moañés Celso Parada aos 61 anos

Foi un dos grandes impulsores do teatro galego e un rostro recoñecible de numerosas series de televisión
Celso Parada. DAVID FREIRE
photo_camera Celso Parada. DAVID FREIRE

O actor e director moañés Celso Parada faleceu este sábado aos 61 anos logo de loitar contra unha longa enfermidade.

Fundador hai 30 anos da compañía Teatro do Morcego, Parada foi un dos grandes impulsores da escena galega. En marzo, a Academia Galega de Teatro nomeárao membro de honra.

Ademais, tamén era un dos rostros máis recoñecibles da TVG, onde participou en numerosas producións, como Libro de familia, Pratos Combinados, Mareas Vivas ou Rías Baixas. Tivo papeis noutras series de éxito como Fariña ou Aída.

No cinema apareceu en filmes como O lapis do carpinteiro ou O ano da carracha, entre outros.

Entre os galardóns que recibiu figura un María Casares ao mellor texto traducido por O lazariño de Tormes.

Comentarios