viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Galicia lembra en Pontevedra a María Victoria Moreno

20180517_RafaFari_i2-54
Un instante do pleno especial da RAG co gallo do Día das Letras. RAFA FARIÑA

"Celebra a palabra con responsabilidade. Non atoparemos posverdades en todo canto escribiu", dixo Fina Caasalderrey no acto central do Día das Letras Galegas en Pontevedra ►
Emotivo acto en homenaxe a María Victoria Moreno no IES Torrente Ballester
 

"Deixei de escribir por pasar o ferro". Citando a entrevista que María Varela lle realizou en 2005 no Diario de Pontevedra, a escritora e académica Marilar Aleixandre abriu a sesión extraordinaria da Real Academia Galega (RAG) no Teatro Principal de Pontevedra co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano á mestra e autora María Victoria Moreno.

A Academia celebrou a literatura e o compromiso cívico e co idioma da homenaxeada, nun acto ao que asistiu o presidente da Xunta, a familia da autora, outras autoridades, veciños e amigos. Coa Marcha do Antigo Reino de Galicia, interpretada polo grupo Os de Algures, iniciouse un pleno no que interviñeron, ademais de Aeixandre, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero. «María Victoria celebra a palabra con responsabilidade, a súa escrita está enchoupada de páxinas dunha belezaque recende á verdade do seu ser. Non atoparemos posverdades en todo canto escribiu», dixo Casaderrey no seu discurso. 

O acto de homenaxe pechouse coas palabras do presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, e co Himno de Galicia, intrepretado (de novo) por Os de Algures.

Emotivo acto en homenaxe a María Victoria Moreno no IES Torrente Ballester

Familiares da homenaxeada este no no Día das Letras Galegas, amigos, compañeiros e autoridades participaron nun emotivo acto de lembranza á escritora e profesora no instituto onde deu clase os doce últimos anos da súa traxectoria académica.

XUNTA2_RafaFari_i1-33Nel interviron o presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, quen destacou o papel dos docentes e que María Victoria "veu de fóra a darnos exemplo", polo que "merece o noso aplauso". Tamén o fixo a filla da homenaxeada, Begoña Llácer, quen lembrou que "ela amaba o galego, a fala do pobo" e que "quería ser lembrada como mestra, como parte deste ensino público no que os nenos teñen dereito a ser ensinados na súa lingua".

Victoria Feijoo, neta de María Victoria, leu un poema da súa avoa, mentres que Rosa Cedrón e Emilio Rúa interpretaron 'Cantiga'. A parte musical completouse cunha actuación de Adrián Torres, que musicou 'A Sara'.

Ademais do director do IES, David Castro, tamén interviu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen lembrou que "esta historia de amor que protagoniza María Victoria é posible por ser o noso un idioma concluínte no que se pode vivir en liberdade". Así mesmo, lembrou que o Goberno galego está a elaborar un Plan de dinamización da lingua glega na mocidade para "animar aos máis novos a usar libremente e sen complexos unha herdanza recibida dos seus pais e avós e a empregar unha lingua útil, con futuro, que nos conecta coa lusofonía".

O acto incluiu unha visita á exposición 'María Victoria Moreno, paisaxes e personaxes', da man do seu coordinador, David Pintor, e tamén á biblioteca do instituto, que leva o nome da escritora nacida en Estremadura e onde se atopan os preto de 5.000 libros doados por ela ao centro.

O acto pechouse coa interpretación do Himno Galego a cargo de Rúa e Cedrón e con todo o público en pé.
 

Galicia lembra en Pontevedra a María Victoria Moreno
Comentarios