Hércules de Ediciones presenta unha biografía literaria de María Victoria Moreno

A narración corre por conta dun dos personaxes máis entrañables da autora, o lobo Garimoso, do libro 'Mar adiante'

María Victoria Moreno. ARCHIVO
photo_camera María Victoria Moreno. ARCHIVO

Hércules de Ediciones publicou Doce cartas a María Victoria Moreno, unha biografía literaria da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, que será presentada este martes en Santiago de Compostela. A autora da obra é Ánxela Gracián, escritora e tradutora, que percorreu a vida e obra desta autora nunha "innovadora aposta" na que a narración corre por conta dun dos personaxes máis entrañables de María Vitoria Moreno, o lobo Garimoso, do libro Mar adiante

Así, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela se escribiron e, tras isto, decide mandarlle doce cartas. Nelas rememórase a súa infancia, as vivencias de mocidade e as aspiracións desta etapa; a súa concepción da docencia, as lecturas e a súa idea da vida e da escritura, entre outros elementos. 

Partindo dunha documentación verificable, o libro achega "cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos e as fermosas ilustracións", á vida e ao legado literario da escritora María Victoria Moreno. 

Comentarios