Luz Casal gaña o XXXI Grelo de Ouro

A Fundación Amigos de Galicia entregaralle o premio o próximo sábado 10 de novembro en Compostela

Luz Casal. AEP
photo_camera Luz Casal. AEP

A Fundación Amigos de Galicia entregará o sábado 10 de novembro o XXXI Grelo de Ouro a Luz Casal nun acto no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.

O evento contará coa actuación do grupo de música antiga Resonet, que interpretarán cancións do seu disco no que versionan poemas de Rosalía de Castro, realizando así unha homenaxe á poetisa. 

O xurado do premio destaca de Luz Casal a promoción e difusión que está a facer de Galicia, o seu labor solidario mediante a organización do Festival da Luz, a súa traxectoria profesional a nivel nacional e internacional e o exemplo de superación que representa para toda a sociedade pola súa loita contra o cancro. 

Durante a entrega do premio, o doutor Ramiro José Varela Cives, Secretario da Fundación Amigos de Galicia, será o encargado da lectura da acta.  O anterior Grelo de Ouro foi para Oncomet e o seu director.

O acto, que comezará ás 12.00 horas, contará coas intervencións do presidente da Fundación Amigos de Galicia, Miguel Villar Costoyas, de Luz Casal e do presidente de Honra da Fundación, Ramiro Carregal. 

Comentarios