Este mércores saen á venda as entradas do Son do Camiño

Poderanse comprar a través de plataformas dixitais a partir das 12 do mediodía

Iggy Pop.AEP
photo_camera Iggy Pop.AEP

Os abonos do festival O Son do Camiño, que se celebrará en Santiago os días 13, 14 e 15 de xuño, saen á venda este mércores (12.00 horas).

As entradas só poderanse comprar na www.osondocamino.es e www.eventbrite.es. Hai un prezo especial de lanzamento de 49 euros máis gastos de xestión. Unha vez finalizadas a ese prezo sairán por 59, 69, 79 e 89 euros máis gastos. Só permítense seis entradas por compra.

O abono non dá acceso nin á zona de cámping nin ás de descanso. Proximamente sairán á venda as entradas por día, pero polo momento non é posible a súa compra ata a distribución por xornadas dos artistas.

Este ano existe unha nova modalidade de entrada VIP chamada Ultreia, que inclúe o acceso a esta zona, con descontos en hostalería e unha terraza panorámica. Vale 189 euros con gastos de xestión.

Black Eyed Peas, Iggy Pop, David Guetta, Die Antwoord, Rosalía, Bastille, Vetusta Morla, Bloc Party, Richard Ashcroft, Iván Ferreiro e Familia Caamagno son algúns dos grupos que se poderán ver. 

Comentarios