miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Kiko Novoa: "A música de sangue nas veas é 'Morning Glory'"

Kiko Novoa. EP
Kiko Novoa. EP

→ Unha película
O filme Los juncos salvajes, de André Techiné (1994). Aínda non sei por que estraña razón a película deixou en min unha fonda pegada. A adolescencia, a amizade, o amor, a sexualidade, os prexuízos... Todo iso e moito máis.
→ Unha serie
Bron. Non hai discusión. Estou namorado de Saga Norén.
→ Un libro
El amor en los tiempos del cólera, de Gabriel García Márquez. Unha demostración de que antes do coronavirus xa existiron os tempos estraños. O amor, por riba de todo.
→ Un disco
(What’s the Story) Morning Glory?, de Oasis. A música, a de verdade, a de sangue nas veas, é isto.
→ Otra alternativa (cómic, videjuego...)
Outra alternativa é mirar o ceo. Ver a Lúa e Venus para entender que hai outros mundos e están neste. Facelo é, de momento, de balde e permite escoitar a radio.

Kiko Novoa: "A música de sangue nas veas é 'Morning Glory'"
Comentarios