lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

A RAG dá acceso a 800 títulos do século XIX a través da biblioteca dixital de Galicia

Sede da RAG. EFE
Sede da RAG. EFE
Entre os autores destes libros e folletos atópanse grandes figuras das letras galegas, como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez

A Real Academia Galega (RAG) reforzou a súa presenza en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, "cun novo micrositio que facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX", segundo informa.

As obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal e tamén a libros de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.

En pleno confinamento, a biblioteca da RAG convida o público a celebrar o Día do Libro descubrindo esta xanela virtual, "unha vía de entrada directa desde calquera lugar do mundo" a parte do patrimonio que custodia na súa sede de cálea Tabernas, na Coruña, nestes momentos pechada debido á pandemia.

Desde a institución, apuntan que o novo espazo visibiliza "a identidade propia deste referente bibliográfico fundamental para calquera persoa interesada na cultura e na lingua galega". 

A RAG dá acceso a 800 títulos do século XIX a través da biblioteca...
Comentarios