lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

A RAG difunde cada día de maio unha peza audiovisual sobre Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero. ARCHIVO
Ricardo Carvalho Calero. ARCHIVO
A serie 'Unha palabra para don Ricardo' constrúe un retrato colectivo do protagonista do Día das Letras Galegas con académicos e persoas que tiveron relación co autor

A Real Academia Galega programou para o mes de maio a serie Unha palabra para don Ricardo, un conxunto de pequenas pezas audiovisuais sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, que conforman "un retrato colectivo" do protagonista do Día das Letras Galegas 2020.

A serie de microespacios, que comezou a emitirse o venres, difúndese cada día a través da web e das redes sociais da RAG e tamén é televisada pola TVG.

Conta coa participación de académicos e académicas de número, correspondentes e persoas que tiveron algunha relación co autor ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Cada participante elixe unha palabra que destaca a característica que, ao seu xuízo, mellor define o homenaxeado ou que retrata un aspecto persoal, unha faceta ou unha obra do autor que valora especialmente.

Compromiso, galego, cabal, poeta, filólogo, galeguista, soñador, lingua, gramática, orador ou independente son algúns dos termos a través dos cales irán debuxando un retrato colectivo que inclúe tamén nalgúns casos a lectura de poemas ou textos de referencia de Carvalho Calero.

"Son intervencións breves que, no seu conxunto, conforman un poliedro de voces, admiracións e afectos", detalla o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes.

A RAG difunde cada día de maio unha peza audiovisual sobre Ricardo...
Comentarios