Reúnen os artigos xornalísticos de Díaz Pardo nun libro

A recopilación foi realizada polo filólogo Xosé Ramón Fandiño Veiga 

Presentación do libro 'O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo. Colaboracións xornalísticas (1963-2009)'. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera Presentación do libro 'O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo. Colaboracións xornalísticas (1963-2009)'. LAVANDEIRA JR (EFE)

O libro O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo. Colaboracións xornalísticas (1963-2009), editado polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora, reúne os artigos que o escritor publicou nos xornais galegos entre eses anos.

A recopilación levada a cabo polo filólogo Xosé Ramón Fandiño Veiga presentouse este mércores nun acto que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, e a directora de Andavira Editora, Lucila Ventoso.

Segundo explicou o autor, a publicación pretende evocar o pensar da época recollendo fragmentos publicados en diversos medios, entre eles El Progreso.

Os textos están escritos na súa maioría en galego e ordenados de forma cronolóxica, co obxectivo de mostrar a evolución da visión do autor en diversos asuntos.

Pola súa banda, o alcalde puxo en valor as iniciativas destinadas a reivindicar a figura de Isaac Díaz Pardo -de quen foi médico persoal- como referente cultural, ético e político de Galicia,

Comentarios