
O músico volve tuitear en galego para contar unha anécdota que arrasa nas redes
O agarimo que James Rhodes ten por Galicia non é ningún segredo. O afamado pianista volveu facer gala diso este mércores, aproveitando o anuncio do seu concerto en Pontevedra o vindeiro 19 de maio.
Primeiro tuiteou en galego para informar do evento e, pouco máis tarde, escribiu outro chío que en tan só unha horas u os 2.500 gústame e os 565 retuits.
Estarei tocando en Pontevedra o 19 de maio, morro de ganas!! Viva Galicia! ❤️ https://t.co/yaywH9hBjC
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 20 de febreiro de 2019
Non é a primeira vez que Rhodes, abandeirado la loita pola protección dos menores, escribe en galego ou manifesta o seu amor por esta terra, a onde ten viaxado e onde conta con moitos amigos.
Coñecín unha moza o outro día e pregunteille se era española. E ela sorriu e dixo: 'Non, son galega'. Foi difícil non quedar impresionado por un orgullo tan auténtico dun lugar tan especial.
— James Rhodes (@JRhodesPianist) 20 de febreiro de 2019