Sabela bota de menos falar galego en 'Operación Triunfo'

A concursante pontesa dixo sentirse "rara" tras levar dous meses sen conversar na súa lingua materna

Sabela, durante la gala de este miércoles. TVE
Sabela interpreta 'Benditas feridas' de Rosa Cedrón. TVE

Sabela ten morriña. A concursante pontesa de Operación Triunfo 2018, que saíu elixida favorita a semana pasada, bota de menos falar no seu idioma materno.

A moza compartía cos seus compañeiros Mikel e Alba as súas impresións sobre as zapatillas novas que lle mercara súa nai. De feito, dirixouse a ela para mostrarlle o seu agradecemento, primeiro en castelán e logo en galego: "Qué raro hablarle a mi madre en castellano. Mamá, encántanme estas zapatillas que me compraches".

"Teño moitas ganas de falar galego. Levo dous meses sen falar galego e xa me sinto rara", confesaba a moza, escasos días despois do divertido momento con Los Javis sobre o significado de A Sementeira.

E é que Sabela sinte en galego, así o demostra a canción que está compoñendo dentro da Academia.

ACTUALIDADE. Os incendios que arrasaron Galicia o ano pasado no mes de outubro, o ocorrido no Marisquiño ou o Prestige son algúns dos temas relativos á comunidade que a artista ten falado cos seus compañeiros de concurso.


Comentarios