martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

Sabela loitará hoxe por un posto na final de 'Operación Triunfo'

Sabela, no pase de micros. EP
Sabela, no pase de micros. EP

A concursante galega interpretará 'Negro Caravel', a adaptación que Rosa e Cedrón e Cristina Pato realizaron dun poema de Rosalía de Castro

Este mércores desvelarase se Sabela, a concursante pontesa de Operación Triunfo, pasa á final do programa, que se celebrará o próximo 19 de decembro.

O xurado escollerá nesta gala o terceiro finalista do talent show despois de que a semana semana se coñecesen os dous primeiros nomes: Natalia e Famous. Xunto á pontesa optan a unha praza na final Alba Reche, Julia e Miki.

Unha vez coñecido o nome do terceiro finalista abriranse liñas para que os espectadores decidan o cuarto e o quinto a través da app, sms e teléfono. O triunfito que obteña menos votos quedará fóra da final. 

A concursante galega volveu apostar por unha canción en galego no concurso. Sabela interpretará na gala 12 Negro Caravel, a adaptación que Rosa e Cedrón e Cristina Pato realizaron dun poema de Rosalía de Castro.  

Sabela loitará hoxe por un posto na final de 'Operación Triunfo'
Comentarios