Unha sala de Narón acolle un festival dixital coa París de Noia e Sabela Ramil

A sala Ink colabora con esta iniciativa coa Cruz Vermella para combater a crise do covid
Sabela Ramil. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)
photo_camera Sabela Ramil. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)

A sala Ink, de Narón , ofrecerá o 16 de maio a través da súa páxina na rede social Facebook un festival dixital a favor de Cruz Vermella de Ferrol no que intervirán grupos como a orquestra París de Noia e a cantante pontesa Sabela Ramil, exconcursante de Operación Triunfo.

Os organizadores afirmaron este mércores que pretenden "loitar contra a crise económica que se está padecendo polo estado de alarma". Así, tres orquestras e seis solistas actuarán na cita.

Ademais, avanzaron que tomarán parte outras tres bandas e dous picadiscos para recoller achegas para a mencionada entidade social.

"Se todos pomos un pequeno granito de area, seguro que o evento se converte nun éxito", incidiron. Xunto á conta do local naronés en Facebook, as de Cruz Vermella e os propios artistas tamén transmitirán o recital.

Comentarios