Xulio Amigo. ALBA SOTELO (ADP)

Xulio Amigo colle o relevo de Manuel Bragado á fronte da asociación Culturgal

Segundo informou a feira, traballa nun plan estratéxico para o evento de cara a catro anos 

Xulio Amigo. ALBA SOTELO (ADP)
photo_camera Xulio Amigo. ALBA SOTELO (ADP)

Xulio Amigo é o novo presidente da asociación Culturgal, o colectivo que agrupa ás diferentes agrupacións profesionais do sector da cultura de Galicia que organizan unha feira co seu mesmo nome anualmente.

Aproveitando a celebación do Día do Libro, o Culturgal fixo público que sería Amigo a persoa que tome o relevo de Manuel Bragado, presidente da asociación ata o ano pasado e que vén de estar de actualidade estes días despois de coñecerse que abandonaba a dirección da editorial Xerais.

Amigo está tamén vinculado ao mundo da edición galega, no seu caso á editorial Galaxia. Segundo os responsables do evento, Amigo traballa xa nun plan estratéxico de catro anos para a feira.

Culturgal 2018 celebrarase do 30 de novembro ao 2 de decembro  en Pontevedra.

Comentarios