Gómez Noya anuncia que se centrará na distancia olímpica de face a Tokio 2020

O quíntuplo campión do mundo deixa ao carón as probas de ironman

Javier Gómez Noya. DP
Javier Gómez Noya. DP

Javier Gómez Noya, único quíntuplo campión mundial da historia do tríatlon, cuádruplo campión de Europa e medallista de prata nos Xogos de Londres 2012, confirmou este luns que a partir desta tempada centrarase de novo na distancia olímpica con miras a Tokio 2020.

Gómez Noya, de 35 anos, que o ano pasado centrouse no Mundial de Ironman de Kona (Hawai, EE UU), que finalizou undécimo, recoñeceu que volverá este ano á distancia olímpica no transcurso dun acto do Banco de Santander que tivo lugar este luns en Madrid.

"Polo menos ata xuño centrareime de novo na curta distancia e farei as Series Mundiais", dixo a Efe. "En primeiro lugar para ver como estou, porque tras un ano na longa distancia non se sabe, e despois co obxectivo de clasificarme para os Xogos Olímpicos". 

Comentarios