Iniesta afástase de China e achégase a Xapón

O Vissel Kobe nipón móstrase "sorprendido" das informacións que apuntan á incorporación do manchego

Andŕes Iniesta.EP
photo_camera Andŕes Iniesta.EP

O equipo de fútbol xaponés Vissel Kobe mostrouse este martes "sorprendido" polas informacións que apuntan ao fichaxe do capitán do FC Barcelona, Andrés Iniesta, con quen negou ter negociacións directas, segundo asegurou a Efe un portavoz do conxunto nipón.

O Vissel Kobe dixo decatarse suposta fichaxe polos medios xaponeses que se fan eco da información da Cadena Ser, que asegura que Iniesta podería asinar por tres tempadas e que a operación foi xestionada por Hiroshi Mikitani, presidente de Rakuten, patrocinador do FC Barcelona, propietario do equipo de fútbol nipón e amigo persoal de Gerard Piqué.

Ao ser preguntado sobre a mediación da firma de comercio electrónico, o Vissel Kobe, que xoga na primeira división da J-League xaponesa, dixo descoñecer calquera conversación, pero non descartou que a compañía puidese estar a negociar con Iniesta.

Un portavoz de Rakuten pola súa banda asegurou que a compañía "non pode facer ningún comentario" sobre a suposta fichaxe.

Entre outros futbolistas de renome que pasaron polo conxunto xaponés atópase Michael Laudrup, que xogou no país asiático na tempada 1996-1997 tras a súa saída do Real Madrid e previamente ao seu retiro no Ajax de Ámsterdam.

Iniesta (Fuentealbilla, España, 1984) anunciou o 27 de abril nunha emotiva rolda de prensa que abandonará o club azulgrana a final desta tempada tras 22 anos no conxunto catalán.

¿Que pasou co Chongqing?
Ata hai uns días dábase por feito que Iniesta ficharía polo Chongqing Lifan de China, que faría un importante desembolso, pero o club, a través dun comunicado, asegurou que non incorporaría ao manchego, aínda que non descartaba unha colaboración con el.

A liga chinesa trata de frear desde hai tempo as fichaxes millonarias que os seus clubs estaban a realizar ultimamente.

Comentarios