¡¡¡ Jorge Prado xa é campión do mundo !!!

O piloto lucense logra o título tres días antes do esperado ao anunciar o seu rival, Jonass, que non correrá en Ímola para operarse do xeonllo

Jorge Prado, en acción en el circuito de Assen. TWITTER @jorgeprado61
photo_camera Jorge Prado, en acción en el circuito de Assen. TWITTER @jorgeprado61

Jorge Prado acaba de facer historia no motociclismo español. O piloto lucense proclamouse campión do mundo de MX2 tres días antes do previsto, xa que o seu compañeiro de equipo e único rival polo título, Pauls Jonass, decidiu non correr en Ímola para operarse do xeonllo.

O lucense, que lle sacaba 46 puntos de vantaxe ao letón e lle valía con ser 17º no último gran premio da tempada, pecha así unha tempada de ilusión que o converte en toda unha realidade do motocrós español e unha das maiores promesas a nivel mundial.

Prado, aos seus 17 anos, culmina un soño que empezou xa hai tempo, cando deixou o seu Lugo natal para trasladarse cos seus pais a Bélxica para adestrar nun dos templos da especialidade: Lommel. 

A tempada do lucense, a segunda na segunda categoría do motocrós, foi para enmarcar, coa vitoria en 11 dos 19 grandes premios disputados.

Comentarios