Luis Enrique recupera a Alba e chama ao vigués Brais Méndez

Ata catro galegos figuran nunha convocatoria con sorpresas para enfrontarse a Croacia

La convocatoria de Luis Enrique. TWITTER (@SeFutbol)
photo_camera La convocatoria de Luis Enrique. TWITTER (@SeFutbol)

Luis Enrique, seleccionador español, recupera a Jordi Alba para o decisivo partido ante Croacia, en Zagreb o 15 de novembro, no que España se xoga o seu pase á fase final da Liga das Nacións, nunha convocatoria con Mario Hermoso, Diego Llorente, Pablo Fornals e o vigués Brais Méndez como novidades.

Ata catro galegos figuran na convocatoria: o propio Méndez, Jonny Otto, Iago Aspas e Rodrigo Moreno, nacido en Brasil pero criado en Vigo.

Jordi Alba regresa catro meses despois á selección española e tras perderse as dúas primeiras convocatorias de Luis Enrique Martínez como seleccionador.

É a gran noticia dunha lista de convocados con moitos cambios, as baixas por lesión de Dani Carvajal e Thiago Alcántara máis os descartes de Nacho Fernández, Raúl Albiol, Marc Bartra, Marcos Alonso, Koke Resurrección e Paco Alcácer.

Luis Enrique presenta novidades como o regreso de Diego Llorente, que xa estivo citado para a primeira concentración a pesar de estar lesionado, e aposta por premiar o rendemento de Mario Hermoso, máis o salto á absoluta de Pablo Fornals e Brais Méndez.

España xógase o pase á fase final da Liga das Nacións en Zagreb o 15 de novembro e tres días despois disputará en Gran Canaria un encontro de carácter amigable fronte a Bosnia.

A lista de convocados
Porteiros: David de Gea (Manchester United/ING), Kepa Arrizabalaga (Chelsea/ING), Pau López (Real Betis).
Defensas: Sergio Ramos (Real Madrid), Jonny Otto (Wolverhampton/ING), César Azpilicueta (Chelsea/ING), Mario Hermoso (Espanyol), Diego Llorente (Real Sociedade), Íñigo Martínez (Athletic Club), Sergi Roberto, Jordi Alba (Barcelona) e José Luís Gayá (Valencia).
Medios: Sergio Busquets (Barcelona), Rodri Hernández, Saúl Ñíguez (Atlético de Madrid), Pablo Fornals (Vilarreal), Dani Ceballos, Isco Alarcón (Real Madrid) e Brais Méndez (Celta de Vigo), 
Dianteiros: Marco Asensio (Real Madrid), Álvaro Morata (Chelsea/ING), Suso Fernández (Milan/ITA), Iago Aspas (Celta) e Rodrigo Moreno (Valencia). 

Comentarios