A Supercopa de Europa xogarase con público

O aforo do Puskas Arena de Budapest, estadio no que se disputará o partido, será ocupado ao 30% da súa capacidade
O Sevilla FC celebrando a Europa League. EFE
photo_camera O Sevilla FC celebrando a Europa League. EFE

A Supercopa de Europa que o Bayern de Múnic e o Sevilla disputarán o 24 de setembro en Budapest xogarase ante un número reducido de espectadores, o 30 % da capacidade do Puskas Arena de Budapest, segundo acordou este martes o Executivo da UEFA. 

O obxectivo da medida é "estudar con precisión o impacto dos espectadores no Protocolo de Regreso ao Xogo da UEFA", indicou o organismo continental. 

A UEFA confirmou que todos os demais partidos "seguirán xogándose a porta pechada ata novo aviso", tal e como se decidiu o pasado 9 de xullo. 

O presidente Aleksander Ceferin sinalou nun comunicado que, "aínda que foi importante mostrar que o fútbol pode continuar en tempos difíciles, sen os afeccionados perdeu algo do seu carácter".  "Esperamos utilizar a Supercopa como unha proba para o regreso dos afeccionados aos nosos partidos", engadiu. 

"Estamos a traballar estreitamente coa Federación Húngara e o seu goberno para aplicar medidas que garantan a saúde de todos os que asistan e participen no xogo. Non tomaremos riscos coa seguridade da xente", aseguro o dirixente esloveno.

Comentarios