Área Central terá a pista de xeo máis grande de toda Galicia

O centro comercial compostelán celebra os seus 25 anos cunha gala

Gala de Área Central
photo_camera Gala de Área Central

O centro comercial compostelán Área Central está en plena celebración dos seus 25 anos. Unha gala celebrada na tardiña do mércores 17 de outubro serviu de arranque destes actos, que se prolongarán por un tempo. Así, por exemplo, neste Nadal instalarase na praza de Europa da capital galega a pista de xeo máis grande de Galicia, que permanecerá en funcionamento uns catro meses.

Non será a única novidade, tal e como se anunciou. Así, por exemplo, o espazo dos cines será ocupado por un lugar de xogo e divertimento a cargo de Urban Planet.

Área Central, que hoxe ten unha forte competencia en As Cancelas, aproveitará estes 25 anos para fomentar o ocio, as actividades e a restauración.

Comentarios