jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Os empresarios de Pontevedra "sepáranse" da CEG pola "súa opacidade financeira"

Jorge Cebreiros. DAVID FREIRE
Jorge Cebreiros. DAVID FREIRE

A CEP non participará nos órganos de xestión aínda que non se dá de baixa

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) decidiu "separarse" da patronal Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) pola "súa opacidade" financeira, segundo anunciou este luns o seu comité directivo.

Tras unha reunión celebrada en Pontevedra, o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, explicou que os empresarios pontevedreses optaron "por afastarse" de calquera participación nos órganos colexiados da CEG.

Cebreiros indicou entre outras cuestións que CEG non aprobou o seu orzamento nos dous últimos anos e tampouco concluíu a contabilidade de 2018 nin o informe de auditoría sobre o estado da organización.

"Non queremos vernos representados nin contaminados por ningún problema económico que poida haber alí", destacou o presidente da patronal pontevedresa, cuxos directivos non queren ter o "máis mínimo problema" ante esta xestión económica.

"DARÍAMOS MAL EXEMPLO". Cebreiros respondeu así a un grupo de xornalistas acompañado do seu vicepresidente Javier Touza, alegando que "esta non é a fórmula" na que deben funcionar este tipo de organizacións. "Dariamos moi mal exemplo" sendo "cómplices" dun funcionamento que os empresarios de Pontevedra "non consideramos normal", advertiu.

"Quen queira levar unha CEG con esa opacidade é a súa responsabilidade, non a nosa", engadiu o presidente dos empresarios de Pontevedra. Esta "separación" da patronal galega, aclarou Cebreiros, "non é unha baixa" dentro da CEG, senón que CEP evitará participar nos órganos de xestión e oporase a todo "aquilo que non sexa claridade e trasparencia" nas contas, ao entender que "é o mínimo" que debe ter toda organización empresarial.

Os empresarios de Pontevedra "sepáranse" da CEG pola "súa opacidade...
Comentarios