Galicia Calidade certifica toda a variedade de iogures de Larsa

A Xunta apunta que a compañía incrementou "a recollida e comercialización de leite de pastoreo" e "potenciado produtos de calidade"
El nuevo postre de Larsa. EP
photo_camera Un dos productos de Larsa. EP

A marca de leite e produtos lácteos -de pastoreo- Larsa, comercializada pola Corporación Alimentaria Peñasanta, con sede en Outeiro de Rei, lanzou esta semana ao mercado os seus "primeiros iogures co distintivo de Galicia Calidade", segundo informou a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

"A marca de garantía galega, que depende da Consellería de Economía, Emprego e Industria, avala desta forma a calidade das corenta variedades de iogures cos que conta na actualidade a empresa, envasados na súa planta de Vilagarcía de Arousa", precisa a Xunta de Galicia.

Na mesma liña, aclara que "a compañía", que "nos últimos anos" incrementou "a recollida e comercialización de leite de pastoreo", tamén ampliou "a súa capacidade de produción" na comunidade e potenciou produtos de calidade como o leite Larsa", que tamén conta "co aval de Galicia Calidade para as súas diferentes variedades desde o ano 2014".

Recorda, así mesmo, a Consellería que o "selo de garantía certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e polo seu proceso de produción, cumpren os requisitos".

Na actualidade, Galicia Calidade avala a máis de 400 produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas.