miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Galipizza recibe en Madrid o distintivo Q de calidade

O xerente de Galipizza, Xosé Manuel Vázquez, 'Leman', recolle o diploma de Q de calidade. EP
O xerente de Galipizza, Xosé Manuel Vázquez, 'Leman', recolle o diploma de Q de calidade. EP

É a única cadea de restauración galega que conta con este distintivo

A firma galega Galipizza obtivo a certificación da marca Q do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) na categoría de Servicios de Restauración, convertíndose así na única cadea de restauración galega que o ostenta.

A marca de garantía Q Calidade Turística é unha marca de recoñecido prestixio dirixida á certificación de servizos turísticos. Para obter este galardón Galipizza superou nos últimos meses unhas estrictas auditorías que aseguran que a prestación dos seus servizos é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade; analizando tódolos aspectos da xestión dos seus establecementos: xestión, aprovisionamento, materias primas, prestación do servizo, instalacións, etc; así como a formación e profesionalidade do persoal.

Esta Q achega aos establecimentos que a ostentan: prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigurosidade e promoción por parte da Secretaría de Estado de Turismo e as Comunidades Autónomas.

O Clúster do Turismo de Galicia colaborou no notable incremento do número de establecementos recoñecidos coa Q de Calidade, co que Galicia se sitúa no segundo posto no número total de Q de Calidade, só por detrás de Andalucía.

O acto de entrega tivo lugar durante a Noite Q que o Instituto para a Calidade Turística Española organizou en Madrid este xoves.

Galipizza recibe en Madrid o distintivo Q de calidade
Comentarios