Aparece flotando o cadáver dun home de avanzada idade no río en Vilalba

O corpo foi localizado na contorna da praia fluvial

Paseo fluvial de Vilalba. ARCHIVO
photo_camera Paseo fluvial de Vilalba. ARCHIVO

O cadáver dun home de avanzada idade foi localizado na tarde deste martes flotando no río Magdalena, no concello lucense de Vilalba. 

Ao redor das 17.00 horas, un particular alertou da presenza do cadáver mediante unha chamada ao 112. Segundo indicou, o corpo sen vida estaba a flotar preto da praia fluvial. 

O 112 activou un operativo para recuperar o corpo no que participaron os bombeiros de Vilalba, profesionais do 061 e Protección Civil. 

Foron informados tamén os axentes da Policía Local e da Garda Civil, coa finalidade de aclarar as circunstancias do sucedido, aínda que sospeitan que se tratou dunha caída accidental.