jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Aprazada a declaración de Tahoces por prevaricación ambiental

Ángel Bernardo Tahoces. AEP
Ángel Bernardo Tahoces. AEP

A defensa pide máis tempo para examinar o expediente do caso, "bastante voluminoso" ►Feijóo móstralle o seu respaldo: "¿Como non imos confiar nel se levamos confiando moitos anos?"

O xulgado de instrución número 2 de Noia decidiu este xoves aprazar a declaración en sede xudicial do director de Minas da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces, investigado por un posible delito de prevaricación ambiental vinculado á actividade da explotación de San Finx, no municipio coruñés de Lousame.

Segundo explicaron fontes xudiciais, a comparecencia suspéndese a petición da defensa, que reclamou máis tempo para examinar o expediente do caso, de tamaño "bastante voluminoso".

Esta demanda foi aceptada pola xuíza que instrúe o caso tras non presentar obxección algunha a Fiscalía nin a acusación particular exercida pola asociación Verdegaia e está pendente de ser determinada unha nova data para a declaración.

APOIO DE FEIJÓO. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a apoiar este xoves a Tahoces, e alegou que a concesión da canteira de San Finx, en Lousame, pola que está chamado a declarar como investigado, foi outorgada polo "Goberno anterior", do bipartito. 

"¿Como non imos confiar nel se levamos confiando moitos anos?", manifestou o titular do Executivo autonómico ao ser preguntado, na rolda de prensa do Consello, sobre se vai manter ao director xeral. 

Neste sentido, Feijóo considera "excesivo" que haxa que substituír ao actual responsable de minas "se a concesión é do Goberno anterior" con subvención, "ademais, á empresa" con máis "de medio millón de euros". 

Ademais, asegurou que sería "dobremente inxusto" cesar a unha persoa se a chaman a declarar nun proceso" cando a Administración, "logo de revisar o expediente" ao que se refire o proceso xudicial, ve que o que fixo a Consellería de Industria "é correcto". 

Aprazada a declaración de Tahoces por prevaricación ambiental
Comentarios