Unha menor alerta ao 112 de que o seu autobús sufriu un accidente en Antas de Ulla

Todos os escolares atópanse en perfecto estado

 

O autobús saíuse da vía en Antas de Ulla. TWITTER (@helicosantiago)
photo_camera O autobús saíuse da vía en Antas de Ulla. TWITTER (@helicosantiago)

A saída de vía dun autobús que transportaba escolares tras sufrir unha indisposición o condutor no municipio de Antas de Ulla saldouse sen feridos entre os menores. 

Así o informaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, que relataron que foi unha menor a que alertou ao servizo de urxencias da indisposición do condutor do autobús que os levaba a casa. 

Una chica alerta al #112Galicia de la indisposición del conductor del autobús que los llevaba a casa, en Antas de Ulla (Lugo). Su llamada sirvió para enviar ayuda al paciente y a los niños, que están bien, pese a que el bus se salió de la vía.
Enseña a tus hijos a utilizar el 112 pic.twitter.com/1oIIUXLso6

— 112Galicia (@112Galicia) October 22, 2019

Para atender ao paciente, por parte do 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ao lugar o helicóptero medicalizado. Pola súa banda, destacaron as mesmas fontes, os menores que ían no autobús atópanse "todos en perfecto estado".

O autobús accidentado cubría o tramo que une Vilanuñe e Caira, no termo municipal de Antas de Ulla, concretaron as mesmas fontes.