Unha avaría no avión co que o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, tiñan previsto viaxar a Vigo impediu a súa presenza no peche de campaña do candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero.
Segundo o propio Pedro Sánchez publicou no seu perfil da rede social Twitter, o motivo da súa ausencia débese a unha "avaría técnica" no avión.
Lamento no poder viajar a #Vigo por una avería técnica en el avión para estar con los compañeros y compañeras del @PSdeG, apoyando a nuestro candidato @G_Caballero_M
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) July 10, 2020
Hagamos que Galicia avance el #12J. ¡Llenemos las urnas de votos socialistas! #AhoraDoCambio #FainoPorGalicia🌹 pic.twitter.com/EC09PYTE08
Segundo confirmaron a Europa Press fontes do PSOE, no seu lugar arroupará a Gonzalo Caballero o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, quen xa participou na xornada do xoves nun mitin en Ourense.