Os centros socioculturais do Concello de Santiago irán á folga o 29 de novembro

Esixen que se negocie o convenio colectivo e que rematen "as presións contra os traballadores"

Os traballadores dos centros socioculturais do Concello de Santiago, xestionados pola empresa Ferrovial Servicios, irán á folga o vindeiro día 29 de novembro en demanda do desbloqueo do convenio colectivo e para "esixir que rematen dunha vez as presións ás que se ven sometidos os traballadores". 

Segundo explicou Aitor Sebio, representante da CIG-Servizos de Compostela, a nova adxudicataria, que "incumpre as súas obrigas co comité canto a traslado de información e documentación", pretende "rebaixar as condicións laborais e salariais existentes no servizo". 

Ademais, Sebio denuncia que non se permite a realización de promocións internas. “Hai que ter en conta que nesta empresa moito do persoal está contratado a tempo parcial e a empresa en lugar de regularizar e mellorar as súas condicións laborais o que fai é optar por novas contratacións en condicións máis precarias”, afirma. 

Denuncian ademais a "descoordinación e desorganización do servizo, con constantes modificacións horarias, de funcións e mesmo de centro"s. Un descontrol que afecta" ás condicións laborais das traballadoras e traballadores" mais tamén das usuarias e usuarios do servizo. 
 

Comentarios