A choiva dará unha tregua este martes
Será unha xornada de transición, con subida de temperaturas máximas
O martes Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao sur da península Ibérica e as baixas presións situadas ao suroeste de Irlanda.
Con esta situación, o día amencerá con algún intervalo de nubes baixas e néboas e co avance do día os ceos quedarán con nubes altas.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán, quedando en valores altos para a época do ano.
Temperaturas mínimas e máximas previstas para mañá en Galicia: A Coruña 13°/17°; Ferrol 13°/19º; Lugo 10°/17°; Ourense 10°/17°; Pontevedra 12°/17°; Santiago 12°/15° Vigo 13°/18°.