Descenden as temperaturas nun mércores de ceos despexados no sur e máis nubrados no norte

MeteoGalicia
photo_camera MeteoGalicia

As altas presións retiraranse cara ao oeste, polo que este mércores Galicia vivirá a entrada de aire algo máis frío que na xornada anterior e producirase o achegamento dunha fronte moi pouco activa cara ao final da xornada.

Deste xeito, será un día de ceo pouco nubrado ou despexado no sur, con intervalos de nubes na metade norte. As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado.

Os ventos seguirán soprando do nordés, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico durante a tarde.

Máximas e mínimas
A Coruña 17° 21°, Ferrol 17° 24°, Lugo 12° 23°, Ourense 14° 30°, Pontevedra 16° 27°, Santiago de Compostela 15° 23° e Vigo 16° 29°. 

Comentarios