Detido o suposto autor da agresión dun mozo en Valdoviño o pasado sábado

A vítima quedou en estado moi grave tras recibir golpes por todo o corpo

Axentes da Garda Civil detiveron un home como suposto autor da malleira a un mozo en Valdoviño o pasado sábado, cando este se atopaba nun local de hostalería da zona. 

A vítima, veciño desa localidade, quedou en estado moi grave tras recibir golpes por todo o corpo, pero, sobre todo, na zona da cabeza, o que lle provocou feridas importantes. 

Os familiares do ferido presentaron denuncia este martes ante a Garda Civil, que iniciou unha investigación para tratar de esclarecer este suceso e localizar ao agresor. 

O detido, veciño de Sequeiro, está acusado dun delito grave de lesións e foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ferrol. 

Comentarios