O dono de Bautista Administradores acepta 4 anos de cárcere por apropiarse de 1,1 millóns

A outra procesada, a súa filla, aceptou dous anos de cárcere, na vista polo desfalco a 80 comunidades de veciños

Juzgados de Vigo, sección quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra. ADP
photo_camera Juzgados de Vigo, sección quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra. ADP

O administrador de fincas Rafael B.F., acusado de quedar con máis dun millón de euros dunhas 80 comunidades de propietarios e particulares de Vigo, aceptou catro anos de cárcere e o pago dunha multa 1.800 euros. Así o confirmou nunha vista celebrada este luns na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede na cidade olívica. 

Este xestor, xunto coa súa filla María B., recoñeceu ser autor dun delito continuado de apropiación indebida. Mentres, a outra procesada aceptou a pena de dous anos de cárcere e unha multa de 1.260 euros, e a Fiscalía informou favorablemente á suspensión da pena en caso de insolvencia. 

Aínda que a responsabilidade penal quedou resolta na vista celebrada na Audiencia, aínda non se tomou unha decisión sobre a responsabilidade civil. 

Así, as dúas compañías aseguradoras coas que os acusados tiñan pólizas subscritas están a negociar un acordo cos afectados que, en todo caso, incluirá unha quita ou redución de intereses para poder facer efectivo o pago e que os prexudicados poidan recuperar algo do que perderon.

Comentarios