miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

As eleccións galegas, suspendidas en "consenso"

Alberto Núñez Feijóo, durante la videoconferencia de los líderes autonómicos con Pedro Sánchez. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo, durante la videoconferencia de los líderes autonómicos con Pedro Sánchez. XUNTA
Non existe unha alternativa pechada para unha nova data para os comicios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que, por mor da crise sanitaria do coronavirus, acordou coas principais forzas buscar unha fórmula legal que ampare a suspensión das eleccións galegas, convocadas para o 5 de abril, sen que se concretou un horizonte electoral para volver a celebrase.

En formato de videoconferencia, Feijóo mantivo unha reunión dunhas tres horas este luns co portavoz do PPdeG na Cámara, Pedro Puy; os líderes de PSdeG, Gonzalo Caballero, e BNG, Ana Pontón; así como cos candidatos de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, e Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino.

Todos os partidos destacaron o bo ton dunha reunión que Feijóo definiu como "fluída e construtiva", pero máis aló do consenso ao redor da necesidade de aprazar as eleccións pola crise do coronavirus –o presidente afirmou que para el levaban días "desconvocadas"–, no aire está unha data alternativa.

Tamén está sen pechar o encaixe xurídico para deixar sen efecto os comicios, aínda que o Goberno galego traballa nunha solución legal en forma de decreto –que, se é posible, Feijóo desexaría ter listo antes do xoves, cando arrincaría a campaña formalmente–.

"Mañá reunirémonos e eu comprométome a dúas decisións: deixar sen efecto as eleccións e reactivalas de acordo a unha normativa que estamos a construír e que se porá a disposición dos partidos para o seu coñecemento explícito", remarcou, antes de engadir que tamén se achegará o informe da Asesoría Xurídica.

Unha vez listo, este texto remitirase aos grupos –hai distintos puntos de vista sobre "as regras de xogo"– e á xunta electoral, para "ouvila" antes de aprobar a suspensión ou deixar sen efecto o 5 de abril. "Oxalá podamos estar a falar pouco de eleccións", dixo o presidente, para quen, en todo caso, xa levan "días" fóra da súa "axenda" e mesmo "desconvocadas".

A única "elección", dixo, é "derrotar a pandemia". "Esa é a elección que está convocada e non sabemos canto vai durar", dixo Feijóo, quen apelou á "unidade" dos partidos. "E eu non me vou a mover de aquí ata que os galegos poidan estar tranquilos", garantiu.

COMPETENCIA DO PRESIDENTE

Feijóo asegurou que, en relación ao horizonte electoral e, da cordo "coa información" que lle facilita a Asesoría Xurídica, do mesmo xeito que "o entendeu" o lehendakari, Íñigo Urkullu, con quen se mantén en contacto, el segue sendo o "órgano competente" na Comunidade.

O prazo está no aire e trabállase nunha fórmula xurídica, pero non está claro que os comicios vaian coincidir cos vascos –foi preguntado acerca de se el tamén se inclinaba polo primeiro domingo despois de que levantase o estado de alarma–. A situación epidemiolóxica é distinta, pero hai "máis diferenzas".

E é que en Galicia, segundo dixo, o obxectivo é que o proceso parta do lugar no que quedou "cando se suspendan" as eleccións –xa se rexistraron as candidaturas, por exemplo– e non que volvan arrincar os 54 días desde que se convoca unhas citas coas urnas. "E non poderá haber eleccións nunca mentres non acabe o estado de alarma e o de emerxencia sanitaria en Galicia", insistiu.

"O texto que se está construíndo ten que contemplar isto, así que hoxe o que se decidiu é deixar sen efecto a convocatoria, pero non sabemos se coincidirán ou non coas vascas", dixo Feijóo, que tamén descoñece se a cita podería coincidir cos comicios de Cataluña.

Por razóns de "prudencia e de seguridade xurídica", o presidente advertiu que só aceptará unha fórmula que non deixe indicios de lagoas legais, que estea "sustentada sólidamente sobre bases xurídicas ben construídas". "O consenso político debe ensamblarse no ordenamento xurídico", advertiu o presidente galego.

Sobre o Parlamento, remarcou que "está disolto e non hai posibilidades legais de reactivalo", pero por parte dos grupos analizaranse as opcións que ofrece a Deputación Permanente –o órgano reitor da Cámara que funciona de garda entre lexislaturas–. "É un dos compromisos que asumimos", subliñou o presidente. 

Posteriormente, o tamén popular Pedro Puy, quen destacou a actitude de todos os partidos na procura de consenso para aprazar os comicios, remarcou que o Parlamento debe continuar coas súas funcións básicas a través deste órgano.

¿27 DE SETEMBRO?

Pendentes de coñecer a evolución exacta do virus, os meses máis inmediatos parecen descartados como opción para fixar unha nova convocatoria. Neste sentido, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mostrou a disposición da súa formación a aprazar as eleccións autonómicas até o 27 de setembro, data na que se cumprirían catro anos dos anteriores comicios, se non hai un consenso para fixar unha data antes.

Na súa intervención, retransmitida após o encontro tamén vía online aos medios de comunicación, considerou que a cita coas urnas debe aprazarse a "un novo tempo" no que se poida celebrar "con todas as garantías", consciente de que o 5 de abril non podería celebrarse con normalidade "por motivos de seguridade e saúde pública".

Pola súa banda, o candidato da coalición Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, apelou ao "consenso" das forzas políticas "representativas" para fixar unha nova data para a celebración das eleccións autonómicas.

Gómez-Reino ofreceu tamén unha comparecencia de prensa telemática desde a súa casa na Coruña, onde garda corentena desde o mediodía do pasado xoves despois de confirmarse o positivo por coronavirus da súa compañeira de grupo parlamentario e ministra de Igualdade, Irene Montero.

De feito, o candidato da coalición sinalou que está pendente de recibir o resultado da proba do covid-19, á que foi sometido o domingo após presentar síntomas como febrícula ao longo da fin de semana.

O BNG TAMÉN PIDE CONSENSO

A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, destacou que, na reunión co presidente autonómico alcanzáronse varios "grandes consensos" en torno ao adiamento das eleccións convocadas para o 5 de abril e que tamén abarcan a necesidade de manter certo control ao Executivo á vez que contacto entre os partidos mentres siga a crise sanitaria orixinada polo coronavirus covid-19.

Neste sentido, o BNG pide acordar unha "data orientativa", que pode ser en relación a cando se levante o estado de alarma, por exemplo, pero esixirá que se inclúa no borrador de decreto que se está manexando. Tamén quere que quede acordado na reunión deste martes.

Mentres, a candidata de Cidadáns Galicia, Beatriz Piñeiro, apoiou a decisión de suspender as eleccións. Ao igual, que os demais líderes políticos, a dirixente da formación laranxa destacou que se tratou dunha reunión "construtiva" e considerou que agora "non é o momento de fixar data" para os comicios.

As eleccións galegas, suspendidas en "consenso"
Comentarios