Entrega un sobre con 1.000 euros que se atopou no chan en Vigo

A cantidade estaba repartida en billetes de cincuenta

A muller atopouse a cantidade repartida en billetes de 50 euros. EP
photo_camera A muller atopouse a cantidade repartida en billetes de 50 euros. EP

Unha muller de 47 anos entregou á Policía Local de Vigo un sobre cun 1.000 euros que se atopou no chan cando practicaba deporte na rúa Jacinto Benavente, informaron a Efe fontes policiais.

A protagonista desta historia é M.R.C.P., de 47 anos, a quen chamou a atención a presenza dun sobre no chan.
Agachouse, recolleuno e mirou no seu interior, onde achou 1.000 euros repartidos en billetes de 50.

A Policía Local está a realizar xestións para a localización do posible propietario do diñeiro para devolverllo.
Se no prazo de dous anos ninguén o reclama, o diñeiro será para a muller que o atopou e entregouno á Policía.