Xesús Rodríguez é o gaiteiro que toca de cotío nas inmediacións da Catedral de Santiago de Compostela. Este domingo viuse envolto nunha polémica inesperada.
No marco da campaña electoral do 12 de xullo, a formación Vox, con Santiago Abascal na cabeza, visitou o emblemático monumento galego. A través da súa conta de Twitter Vox A Coruña, o partido político afirmou que o gaiteiro saíra a recibilos.
Foron varios os usuarios da red social os que chamaron a atención sobre este chío, indicando que o músico atópase alí habitualmente. Mais o protagonista da historia tamén quixo deixar clara a súa desvinculación do acto.
Xesús Rodríguez, mediante Facebook, aclarou nunha mensaxe que non tiña nada que ver co que chiara Vox. "Verdadeiramente noxento", así se expresaba o gaiteiro, que engadía que "nunca imaxinei ser vítima dunha das súas montaxes".
A pesar de que a formación política borrou o chío, o contido segue a ser difundido polas redes sociais.
Se os ha caído este tuit, pero yo lo he rescatado. Os lo guardo por si se os vuelve a caer 🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣 Mira que sois ridículos!!!...
— PP CONDENADO POR CORRUPCIÓN (@Maricarmenip) June 21, 2020
Sodes de A Coruña e nin sabedes que ahí sempre hai un gaiteiro!!!
Lamentables🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤣🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️🤦🏼♀️ pic.twitter.com/yGNVZ40gPK