viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Galicia, en alerta por fortes tormentas este xoves

Tormenta eléctrica producida en Vigo. SXENICK
Tormenta eléctrica producida en Vigo. SXENICK

Serán máis probables nas comarcas do interior

Galicia estará este xoves a influencia dunha borrasca situada ao oeste de Portugal e con presenza de aire frío en altura. Tal situación fará que sexa un día marcado pola inestabilidade atmosférica, con ceos alternando nubes e claros e nubes de evolución que deixarán chuvascos localmente tormentosos e intensos, que incluso poderían estar acompañados de saraiba e que serán máis probables nas comarcas do interior de Lugo e Ourense pola tarde.

As temperaturas ascenderán lixeiramente, sendo máis pronunciado na metade norte. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con réxime de brisas na contorna das Rías Baixas.

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 17° 25°, Ferrol 18° 30°, Lugo 16° 30°, Ourense 18° 33°, Pontevedra 17° 27°, Santiago 17° 26º e Vigo 17° 26°.

Galicia, en alerta por fortes tormentas este xoves
Comentarios