jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Galicia é a terceira comunidade con mellores resultados en lectura no informe PISA

Libros. PIXABAY
Libros. PIXABAY
O estudo publicado foi aprazado en decembro de 2019 após detectar anomalías nas respostas dalgúns estudantes

Galicia é a terceira comunidade autónoma con mellores resultados en lectura do seu alumnado, só por detrás de Castela e León e Asturias. Así o reflicte o informe PISA sobre o nivel de lectura dos alumnos da OCDE, que advirte da existencia de "anomalías" na elaboración deste estudo ao detectarse respostas por parte dos enquisados que non reflectían "o nivel real de competencia dos estudantes". 

De feito, o informe sobre lectura elaborado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) estaba previsto que se publicase en decembro de 2019. O seu lanzamento foi postergado pola detección de "anomalías" que agora atribúe a que "varios estudantes se mostraron negativamente dispostos cara á proba PISA e non fixeron todo o posible para demostrar a súa competencia" porque a avaliación coincidiu con outros exames da ESO. 

En moitos casos, os estudantes contestaron a sección de fluidez lectora de maneira apresurada, empregando menos de 25 segundos en total para responder máis de 20 preguntas" e respondendo "seguindo certos patróns" como "todas si ou todas non", indicou entón a OCDE, sinalando que esta representa a principal anomalía das probas. 

Os estudantes enquisados responderon "seguindo certos patróns" e ás presas

Segundo os datos de lectura, Galicia obtén con 494 puntos a terceira mellor nota do conxunto estatal, no que a media descende 19 puntos respecto ao ano 2015, ao pasar dos 496 a un total de 477 nos anos 2018. A cifra é, como indica o organismo, "significativamente" inferior á da media OCDE (487) e á Total Unión Europea (489). 

No apartado de rendemento dos alumnos, Galicia tamén se atopa entre as mellores comunidades autónomas e supera a media tanto da OCDE como de España.

DIFERENZAS SOCIOLÓXICAS. O informe PISA analiza tamén as diferenzas entre sexo, orixe e posición social. No primeiro apartado, Galicia é a segunda comunidade do Estado que maior difire entre o nivel de lectura das mulleres e o dos homes. Só Cataluña supera a Galicia nun apartado no que a comunidade galega está 10 puntos por encima da media da OCDE e 14 da española. 

En canto á procedencia do alumnado, Galicia é xunto a País Vasco a comunidade con maior desigualdade entre as competencias lectoras dos nativos e os inmigrantes de primeira e segunda xeración. Un apartado no que Galicia tamén presenta maior desigualdade respecto da media da OCDE, a UE e a estatal. 

Galicia é a segunda comunidade con maior diferenza entre o nivel de lectura de mulleres e de homes

Doutra banda, os alumnos galegos que acoden a centros privados ou concertados presentan un nivel de lectura máis parello ao que teñen os que van a colexios e institutos públicos respecto da media española (+16), a europea (+13) e a da OCDE (+18). Neste apartado Galicia é cuarta entre as comunidades autónomas, só superada pola Rioxa, Castela e León e Cantabria. 

Se se atenden ás diferenzas socioeconómicas do fogar do que provén o alumnado, o índice de lectura dos alumnos galegos empeora segundo veñan dunha familia con recursos baixos, aínda que Galicia mellora a media estatal e colócase como a cuarta comunidade na que existe menor desigualdade nas competencias lectoras. 

O informe PISA tamén pon o foco nos repetidores de curso. Así, a OCDE considera que o sistema de repetición prexudica ao alumno, pois ao contrario de contribuír a que non quede atrás respecto dos seus compañeiros, produce o efecto contrario, ademais de aumentar o risco de exclusión social pois existe unha alta porcentaxe destes alumnos que proveñen de fogares desestructurados e con rendas inferiores á media. 

Neste sentido, a disparidade entre o nivel de lectura que ten os repetidores e os que non, alcanza en Galicia o sétimo dos niveis máis altos rexistrados no Estado, sendo a Rexión de Murcia onde maior diferenza se dá. Deste xeito, a Comunidade galega atópase lixeiramente por encima da media europea, española e da OCDE neste indicador. 

Galicia é a terceira comunidade con mellores resultados en lectura...
Comentarios