
O candidato á presidencia da coalición Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, comprometeuse a impulsar un plan de retención e recuperación do talento perdido na última década co obxectivo de apostar "de forma decidida" pola investigación.
Gómez-Reino, acompañado do número 2 pola Coruña, Luca Chao, reuniuse coa Rede Galega pola Investigación (InvestiGAL), plataforma creada recentemente co obxectivo de ofrecer un espazo unitario no sector.
A tónica do encontro foi a precariedade do sector e a necesidade de adoptar solucións a curto, medio e longo prazo- InvestiGAL está a traballar nun documento no que analizan o investimento do I+D+i do país, que representa unicamente o 0,94 por cento.
Xunto a esta "precarización", a "fuga de talento" é outro dos principais problemas do sector, engadiu Gómez-Reino, "con mozos que se marchan do país porque o Goberno de Feijóo non apostou por eles".
é por iso que desde a coalición proponse a elaboración dun plan de retención e retorno, para recuperar ese potencial perdido en ultímaa década, a mellora de condicións laborais, un 'Plan Galego de I+D+I 2020-2024', co compromiso de investir o 2% do PIB cara ao final da lexislatura.