Grave un neno pequeno que caeu a unha piscina en Salceda de Caselas

O menor foi trasladado en helicóptero ao hospital

Un neno de pouca idade foi trasladado este luns pola tarde en helicóptero a un centro hospitalario tras caer a unha piscina en Salceda de Caselas, en Pontevedra, segundo informa o 112 Galicia. Nun primeiro momento, foron os propios familiares do menor os que o rescataron da auga e inmediatamente alertaron do sucedido aos servizos de urxencias.

O pequeno foi ingresado para determinar o seu estado, en principio grave. Ao lugar tamén acudiron sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias, efectivos de Protección Civil e axentes da Garda Civil. 

Comentarios