A gripe remite de forma clara en Galicia, aínda que suma xa 59 mortos

De todos eles, 31 non foran vacinados contra esta enfermidade.

Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe. AEP
photo_camera Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe. AEP

A difusión do virus da gripe en Galicia remitiu de forma clara nas últimas semanas, aínda que polo camiño e desde o comezo da campaña participou na morte de 59 persoas, segundo os datos feitos públicos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este venres.

De acordo co recollido no último informe de actividade gripal en Galicia, a difusión deste virus segue sendo xeral aínda que se agudiza a tendencia decrecente do mesmo e continúa nunha intensidade baixa.

Así pois, desde finais de outubro faleceron nos hospitais galegos 36 persoas por mor da acción deste virus e outras 23 morreron mentres padecían a enfermidade.

De todos eles, 31 non foran vacinados contra esta enfermidade.

Así mesmo, tamén se declararon nos últimos meses 1.420 ingresos hospitalarios por mor desta doenza, dos que 1.041 xa foron dados de alta a pesar de que 90 deles requiriron da asistencia de coidados intensivos.

Ata 1.220 dos afectados foran prescritos coa vacina antigripal, non administrada en 614 dos casos.

No referente aos rexistros elaborados polos servizos de atención primaria, o Sergas informa de que descende a presenza da gripe, mentres que as chamadas recibidas polo 061 por mor de casos de gripe ou infeccións respiratorias agudas móvense en parámetros similares aos da semana anterior. 

Comentarios